O Centro

O Centro Integrado Formación Profesional Valentín Paz Andrade atópase na periferia da cidade de Vigo: Estrada vella de Madrid, 160 (Meixueiro). Nunha área preto de importantes vías de comunicación (autovía das Rías Baixas, autoestrada A Coruña-Tui, autoestrada a Baiona, 2º cinturón de Vigo,…); próximo tamén ao aeroporto de Vigo. A zona conta cunha grande impronta industrial: polígonos do Concello de Vigo, Mos e Porriño.

Ademáis da presencia do sector industrial no noso entorno máis próximo, tamén destacamos outros servizos e dotacións de grande relevancia para a cidade e os concellos limítrofes: Hospital, outros centros educativos de carácter público e privado, a Universidade de Vigo, etc. Nos últimos tempos estamos tamén asistindo ao desenvolvemento de áreas comerciais na zona.

O CIFP Valentín Paz Andrade intentou (durante os seus 50 anos ao servizo da formación profesional) e intenta ser un foco de aprendizaxe para todo o entorno económico, social e laboral da cidade de Vigo e a súa área de influencia, facendo da formación unha peza clave para a inserción laboral das persoas, facilitanto tanto o acceso ao 1º emprego como a formación ás persoas que necesitan adaptarse ás novas ofertas do mercado.

Tamén intentamos dar resposta ás necesidades das empresas do entorno, facilitando formación específica e coxuntural naquelas áreas onde se detecten necesidades formativas. Ofrecendo oportunidades formativas flexibles e adaptadas que poidan favorecer un mellor acceso ao mercado laboral, axustandose a unhas demandas diferentes e máis versátiles.

A oferta formativa dos CIFPs, en xeral, non só se dirixe a estudiantes que optan por ensinanzas profesionais dentro da formación reglada, senon a outros colectivos como persoas demandantes de emprego ou traballadores en activo.

Os CIFPs, o noso tamén, diversifican a oferta formativa adaptandoa ás novas fórmulas de certificación e acreditación que facilitarán non só un acceso máis fácil ao mercado laboral senón que tamén darán oportunidades de retorno ao sistema reglado de ensinanzas a todas aquelas persoas que así o desexen.

Neste sentido para o CIFP Valentín Paz Andrade resultan de especial importancia o servizo de información e orientación profesional para as persoas demandantes de formación, en estreita colaboración con todos os axentes sociais e económicos do noso entorno, así como outras institucións de carácter local e autonómico, que permitirán que se poidan tomar decisións coñecendo a realidade máis inmediata, as posibilidades de acceso ao mercado laboral e as demandas do sector productivo.

Todo elo requirirá, unha vez máis, da estreita colaboración do CIFP con todos os axentes e actores do contorno e un novo modelo de relación que ata de agora non formaba parte da cultura organizativa e de funcionamento para o noso centro. Somos conscientes da importancia dos cambios que se teñen que producir, e serán unha das nosas liñas de actuación prioritarias.

Para dar resposta ás necesidades do entorno é requisito imprescindible coñecer o entorno, as empresas e outras entidades tanto de carácter productivo como social, e establecer canles de comunicación, información e colaboración entre as mesmas.

Tratamos de analizar e establecer vínculos co entorno, así como desenvolver acordos e convenios con empresas, institucións e outras entidades para o aproveitamento dos recursos dispoñibles.