Convocados exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais en 15 especialidades

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais nun total de 15 especialidades diferentes, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia. As probas desenvolveranse en dúas convocatorias. Para a primeira, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos; mentres que para a segunda estará aberto desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos. O obxectivo desta convocatoria é facilitar a obtención desta acreditación, que favorece a incorporación ao mercado laboral das persoas que a posúen.

 

Máis información no seguinte enlace:

 

Convocatoria carnés e habilitacións profesionais