Alumnado que remata os ciclos formativos na convocatoria de xuño do curso académico 2019-20.
- Non se poderá realizar a liquidación das taxas para a expedición dos títulos académicos ata o día 30 de xuño. Os certificados correspondentes poderán recollerse aos 2 días hábiles da presentación do impreso liquidado nas oficinas do centro educativo.
- O alumnado que decida non solicitar o título académico poderá solicitar unha certificación académica a partir do día 30 de xuño, e poderá recollela aos 2 días hábiles da súa solicitude.
Observacións: calquera circunstancia excepcional será valorada pola Dirección do centro.
Pago telemático de taxas académicas oficiais, a partir do 30 de xuño.
O enderezo da web é: http://ovt.atriga.gal/
- MODELO 730: unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do centro docente, xunto coa documentación xustificativa, no suposto de ter dereito a deducións sobre a tarifa normal, e unha fotocopia do DNI.
Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o MODELO 730, que será o que se entregará.
Códigos:
Consellería: | Educación, Universidade e Formación Profesional | 07 |
Delegación: | Servizos Centrais | 13 |
Servizo: | Ensino Medio | 03 |
Taxa: | Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE | 302003 |
Tipo ou tarifa:
Ciclo de grao medio | Ciclo de grao superior | |
Normal | 21,64 € | 52,94 € |
Familia numerosa xeral | 10,84 € | 26,50 € |
Familia numerosa especial | 0 € | 0 € |
A pertenza a “familia numerosa” xustificarase coa presentación do documento acreditativo en vigor (orixinal e fotocopia).