Suspensión temporal da actividade lectiva presencial pola pandemia COVID-19

Dende o luns 16 de marzo e ata que se levante o estado de alarma ou o determine a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, queda suspendida a actividade lectiva presencial no CIFP Valentín Paz Andrade.

O profesorado titorizará e atenderá ao alumnado por medios non presenciais: telefónicos e telemáticos (Aula virtual, correo electrónico e outros). Os alumnos/as deberán estar atentos ao correo electrónico facilitado ao centro no momento da matrícula. As probas de avaliación pendentes se realizarán cando se renove a actividade presencial.

Un membro do equipo directivo estará no CIFP entre as 10 e as 13 horas os días lectivos. aínda que non se permitirá a entrada de alumnado e persoal alleo ao centro. Para cuestións urxentes poderase contactar a través do teléfono, no horario indicado, ou do correo electrónico.

Un saúdo e moito ánimo nestes momentos tan delicados!

 

A Dirección