Acreditación de Competencias 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Importante

  • A solicitude de participación deberá presentarse por escrito na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.

Orde de convocatoria

Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais