Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Valentín Paz Andrade, poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

SUXESTIÓN: Idea que se lle aporta á Dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.
QUEIXA: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.
RECLAMACIÓN: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos. As Reclamacións: xestionaranse segundo a LEI_30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común polo que non se poden cursar a través de este formulario.
FELICITACIÓN: Manifestación de satisfacción cunha Sección concreta do CIFP pola calidade do servizo prestado.

Pregámoslle que cubra o seguinte formulario (*campo obrigatorio):