Convocatoria Programa Eduemprende Actúa 2016-2017

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendimento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico "Sensibilización e Motivación" que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer na súa contorna actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Eduemprende Actúa desenvolverase desde o 14 de Novembro de 2016 ata o 15 Marzo de 2017 en centros educativos de toda Galicia. As actuacións terán lugar os martes e xoves durante o período da actividade .

Máis informacion da convocatoria: Convocatoria Eduemprende