- Favorecer e fomentar a adquisición de habilidades individuais para a xestión da carreira profesional.
- Facilitar o acceso de toda a cidadanía aos servizos de información e orientación.
- Desenvolver os servizos de información e orientación con garantía e calidade.
- Fomentar a coordinación e a cooperación dos diversos protagonistas na información e orientación profesional a nivel estatal, autonómico e local.
- Prestar servizos de atención singularizada ás empresas, nomeadamente ás pequenas e medianas, así como aos traballadores autónomos, en relación aos recursos que permitan mellorar o aproveitamento do seu capital humano e deseñar itinerarios formativos axustados ás súas necesidades.
No noso centro, como Centro Integrado de Formación Profesional que é, a orientación profesional diríxese aos seguintes colectivos:
- O alumnado do sistema educativo e as familias.
- A xente nova desescolarizada, as persoas en situación de desemprego e a poboación ocupada.
- As empresas.
- Os axentes sociais.
|