ACREDITACIÓNS: REUNIÓN GRUPAL DA FASE DE ASESORAMENTO NO CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE 2020

REUNIÓN GRUPAL DA FASE DE ASESORAMENTO NO CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE 2020

ORDE do 29 de novembro de 2019, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais …(DOG núm. 236 do xoves, 12 de decembro de 2019).

As datas das reunións grupais para as distintas familias profesionais son as que se reflicten nas seguintes táboas:

Familia profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos.

Ciclo formativo Data Lugar Hora
Inicio Fin
MTMV01 Carrozaría 29/06/2020 SALÓN DE ACTOS 16.30 18:30
MTMV02 Electromecánica de Vehículos Automóbiles 29/06/2020 SALÓN DE ACTOS 11.00 13.00

Familia profesional: Instalación e mantemento.

Ciclo formativo Data Lugar Hora
Inicio Fin

MIMA01-Instalacións frigoríficas e de climatización.

MIMA02-Instalacións de produción de calor.

30/06/2020 SALÓN DE ACTOS 16.30 18:30

O aceso ao centro débese facer con máscara, e cada persoa debe vir provista de bolígrafo propio

Observacións a ter en conta.-

c O asesoramento é obrigatorio, polo que a falta de asistencia inxustificada provocará a BAIXA do aspirante no proceso de acreditación. Os feitos nos que se funda esta decisión quedan recollidos na Orde do 29 de novembro de 2019, nos seguintes artigos :

Artigo 13. Primeira fase: asesoramento

1. A fase de asesoramento comezará o día seguinte ao da publicación das listaxes de­finitivas de admitidos e excluídos e deberá estar rematada o día 31 de maio de 2019. O asesor ou a asesora seguirá o procedemento establecido na guía de asesoría co apoio da aplicación informática de xestión do procedemento.

2. O asesoramento será obrigatorio, e para esta convocatoria realizarase de forma pre­sencial, polo que a falta de asistencia inxustificada provocará a perda da condición da persoa candidata admitida no procedemento. A xustificación deberá ser presentada no centro nos cinco días seguintes aos da sesión, por escrito e acompañada da documentación acreditativa.

Artigo 9. Admisión de candidatos e candidatas

4. Listaxes definitivas de persoas admitidas.

c) O resto de solicitantes quedarán en situación de reserva para cubrir, segundo a orde de puntuación que alcanzasen, os abandonos e as renuncias que se produzan durante a fase de asesoramento.

c As persoas convocadas á reunión grupal de asesoramento deberán asistir co xustificante das taxas pagado (nesta fase só a de asesoramento “20.73 euros”) ou co certificado de exención do pagamento, DE NON SER ASÍ QUEDARÍA EXCLUÍDO DO PROCEDEMENTO. Os feitos nos que se funda esta decisión quedan recollidos na Orde do 29 de novembro de 2019, nos seguintes artigos :

Artigo 10. Taxas

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata admitida ao procedemento terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

1. Pagamento da taxa da fase de asesoramento.

– O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20,73 euros.

– O pagamento da taxa deberase realizar de forma telemática ou a través do impreso de autoliquidación en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, consignando os seguintes datos:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: código 07.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: asesoramento do/da candidato/a para participar no procedemen­to para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da expe­riencia laboral ou de vías non formais de formación: código 304201.

O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice. A faltade presentación deste no tempo e forma procedentes suporá a exclusión do aspirante.

3. Exencións do pagamento.

– De acordo co artigo 23, punto 10, da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (modificada pola Lei 14/2006, do 28 de decembro), estarán exentas do pagamento de taxas as persoas que no momento de iniciárense as sesións de asesoramento e avaliación figuren como desempregadas, así como aquelas persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– Xustificación.

As persoas exentas do pagamento das taxas deberán presentar no momento do ase­soramento e/ou da avaliación a documentación que acredite este dereito só no caso de denegar expresamente a súa consulta:

• No caso do/da traballador/a desempregado/a, esta situación acreditarase cunha certi­ficación da situación laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

• No caso de discapacidade, acreditarase co certificado ou resolución do órgano compe­tente que acredite esa discapacidade.

Dpto de Acreditación e probas

CIFP Valentín Paz Andrade