Área de Calidade

O centro, xunto co resto da rede de Centros Integrados de FP de Galicia, están certificados na norma UNE‐EN ISO 9001

Polo tanto o CIFP Valentín Paz Andrade na súa xestión interna está sometido a un SXC que abrangue todas as funcións do persoal do centro, tal e como se recolle no regulamento de Centros Integrados. A función básica do Sistema é a mellora de calidade na formación do alumnado e na utilidade para dar servizo aos sectores relacionados coas especialidades que se imparten. Isto esixe formación completa, eficaz e actualizada aos cambios tecnolóxicos.

O SXC, entre outros aspectos que melloran a organización, cuantifica o grao de eficiencia na formación e demáis actividades do centro, identifica necesidades e causas de disconformidades, propón e incorpora solucións e facilita a elección de medidas para a mellora.

Certificado1
Certificado2

Para posibilitar estes diagnósticos e aumentar a eficacia, o persoal incorpora nas súas funcións a adpatación a distintos procedementos clasificados por actividades, onde se indica como proceder e rexistrar as accións de cada ocupación.

O desempeño de procedementos de calidade e a obtención de rexistros asegura o cumprimento da normativa que afecta a cada labor, facilita valorar o traballo de todo o persoal e evalúa os resultados da formación no alumnado e do servizo disto para as empresas. Ademáis beneficia a identificación de melloras e a maneira de executalas.

Segundo o cargo/s de cada persoa, e utilizando as guías documentais como guión, coñeceránse os procedementos e modelos de rexistro que haberá que xerar nas nosas funcións. A xefatura de calidade e innovación resolverá as dúbidas ao persoal de nova incorporación.