PRAZA ADXUDICADA POLO PROCESO DE ADMISIÓN

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

  • Solicitude de matrícula e sobre de matrícula (facilitarase no Centro).
  • Orixinal e copia do DNI, Pasaporte ou NIE (non é necesaria a copia se xa estivo matriculado no Centro).
  • Dúas fotografías tamaño carné (unha se xa estivo matriculado no Centro).
  • Orixinal e copia da Tarxeta Sanitaria (só para o alumnado de novo ingreso).
  • O alumnado menor de 28 anos ao 31 de decembro de 2020 debe aportar o resgardo bancario que acredite ter efectuado o pago do SEGURO ESCOLAR en calquera oficina de ABANCA.

IBAN ENTIDADE (ABANCA) SUCURSAL DC Nº CONTA IMPORTE
ES55 2080 5092 05 3040027555 1,12 €

  • Xustificación de reunir os requisitos académicos de acceso, no suposto de estudios:

-       anteriores ao ano 2006

-       universitarios

-       realizados fora da Comunidade Autónoma de Galicia

  • Autorización do uso da imaxe persoal (facilitarase no Centro).
  • O alumnado que desexe solicitar a validación de módulos profesionais deberá cumprimentar o ANEXO XIV (facilitarase no Centro) e achegar a documentación xustificativa (certificación académica oficial, certificado de profesionalidade, acreditación de unidades de competencia, curso de nivel básico de Prevención de riscos laborais, etc.).

Eventos

Agosto 2020
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6